Publicacións


Camilo Castelo Branco. As Duas Comédias do Morgado de Fafe (O Morgado de Fafe em Lisboa / O Morgado de Fafe Amoroso)

Edición

Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Liñas de investigación

Literaturas en lingua portuguesa
Teatro

ISBN

978-84-9749-324-6

Editorial

Publicacións da Biblioteca-Arquivo ‘Francisco Pillado Mayor’, Serie Verde (‘Literatura Teatral em Língua Portuguesa’)

Data de publicación

2008

Número de páxinas

169

Descrición


A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor edita neste volume as dúas pezas máis xustamente representadas e (re)coñecidas de Camilo Castelo Branco (1825-1890): as comedias O Morgado de Fafe em Lisboa e O Morgado de Fafe Amoroso, publicadas, respectivametne, en 1861 e 1865.

Nestas dúas propostas de dramaturxia fársica, a sátira e a comicidade, a partir da estratexia textual e dos seus innegábeis potenciais de translación escénica, preséntase dirixida ao ataque dun albo preconcibido: o do enfoque diminuidor e mordaz da ideoloxía e a(s) fórmula(s) de un ultraromanticismo fosilizado, que é o obxectivo primeiro da peza localizada en Lisboa e tamén o elemento basilar da obra que a prolonga na Foz. Para alén da feliz oposición dos modos e da moda do estereotipado teatro romántico e da feroz destrución da convención e da impostura literarias, en efecto, unha e outra obra aparecen orientadas para un impiedoso descubrimento de hipocresía social, sustentado nunha constante e escéptica confrontación entre a materia do riso, que, perante o absurdo do ridículo, dá liberdade, e a derivada materia da verdade, que, perante a vacuidade da ideoloxía, produce amargura.

Pódese afirmar que as dúas pezas protagonizadas polo Morgado de Fafe posúen tanto o proceso de crecemento, como o potencial de actualización que dan vida intemporal e acompañan os textos “clásicos”, pois, atacando as bases do propio (e duplo) finximento dramático como mostran as repetidas alusións distanciadoras ao propio teatro ante a esaxeración de actitudes e situación, son moito máis do que típicas farsas que non pretenden máis que facer rir pola típica tromperie bouffonne.