Doutorandos/as


María Fernández Zas

María Fernández Zas é titulada superior en Música na especialidade de Viola (2012) polo Conservatorio Superior de Música “Eduardo Martínez Torner” e Graduada en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios (2019) e en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios (2019) pola Universidade da Coruña, con Premio Extraordinario de Fin de Grao da UDC en ambas as titulacións. Alén diso, realizou o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas durante o ano académico 2012-2013 na Universidade de Oviedo.

Deste setembro de 2017 até maio de 2018, foi bolseira de colaboración no Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña no proxecto Glosario crítico da poesía medieval galego-portuguesa III. Edición dixital das cantigas de amor, so a dirección do profesor Manuel Ferreiro. No ano 2017 foi gañadora do XIV Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras nas modalidades “Deseño dunha campaña normalizadora” e “Idea para a promoción do galego”. Igualmente, no ano 2019 gañou o IX Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos da UDC na modalidade “tradución directa do inglés para o galego”.

Na actualidade, a súa área de investigación son os estudos lingüísticos, con especial atención á sociolingüística galega. Publicou algúns traballos sobre o neofalantismo na Galiza, tema sobre o cal está a realizar a súa tese de doutoramento no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Lingüísticos da UDC e a UVIGO, dirixida polos profesores Manuel Ferreiro Fernández e Xosé Manuel Sánchez Rei.

  • Publicacións
  • Outros méritos