Persoal investigador contratado


Luz Varela Armas

981 167 000 Ext. 4705

Luz Varela Armas é Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (2005/2010) e realizou o Mestrado Universitario en Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas na Universidade da Coruña (2010/2011). Desde o curso 2011/2012 está admitida no Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués desa mesma universidade, coa tese As TIC e a normalización lingüística na sociedade galega actual. Unha aproximación á súa realidade educativa, dirixida pola profesora Goretti Sanmartín Rei.

Participou como investigadora contratada no proxecto
Construcións verbais e sintaxe da oración (01/06/2011 - 15/05/2012), desenvolto polo Seminario de Gramática da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. Tamén foi profesora da XXIV edición dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas para persoas estranxeiras e españolas de fóra de Galicia (04/07/2012 - 29/07/2012), organizados polo Instituto da Lingua Galega coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, da Real Academia Galega e da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Desde o 16 de maio do 2012 até o 15 de abril do 2013 foi contratada predoutoral da Universidade da Coruña, e desde o 16 de abril de 2013 é contratada predoutoral do Plan I2C da Xunta de Galicia. Desde o 1 de outubro de 2014 realiza unha estadía de investigación predoutoral na Te Whare Wānanga o Waikato / University of Waikato en Kirikiriroa / Hamilton (Aotearoa / New Zealand) baixo a supervisión da profesora Laura López-Fernández.

  • Publicacións
  • Outros méritos