Carme Fernández Pérez-Sanjulián (A Coruña, 1963)
Formación:
Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, Universidade de Santiago de Compostela (1986)
Tese de Licenciatura: As figuras femininas na narrativa de Ramón Otero Pedrayo, Universidade de Santiago de Compostela (1988)
Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, Universidade da Coruña (2002)
Tese: Ramón Otero Pedrayo: unha narrativa fundacional

Experiencia profesional:
Profesora agregada de Bacharelato: 1987-1990; 1993-2002
Profesora de Lingua e Literatura galegas no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela 1990-1993
Profesora de Lingua e Literatura galegas no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña, desde o 2001

Liñas de investigación:
Literatura galega e portuguesa dos séculos XIX e XX
Teoría da Literatura e estudos poscoloniais e culturais. Relación entre os discursos literarios, culturais e políticos. Literatura, identidade e construción nacional
Estudos de xénero
Aplicación das novas Tecnoloxías ao campo das Humanidades. As Bibliotecas Dixitais

Publicacións:
Entre as publicacións máis recentes ligadas ás súas liñas de investigación pódese citar:

A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo (A Nosa Terra, 2003), que recibiu o Premio Sempre en Galiza de ensaio do ano 2003.
A edición crítica da obra Fígados de Tigre de Francisco Gomes de Amorim Biblioteca-Arquivo Teatral “Francisco Pillado Mayor”, 2003.
“Os heroes da narrativa de Ramón Otero Pedrayo ou o necesario compromiso co proxecto de construción nacional”, Estudos Galego-Brasileiros, H. P. Comunicação / Universidade do Estado do Rio de Janeiro, 2003.
As Bibliotecas Dixitais (en colaboración con A. Saavedra Places), Laiovento, 2004.
“Las Bibliotecas Digitales y la sociedad de la información” (en colaboración con Nieves R. Brisaboa), Del texto al hipertexto: las bibliotecas universitarias ante el reto de la digitalización, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha, 2004.
“O discurso identitario na literatura galega durante a Segunda República”, La República de las Letras y las Letras de la República: Progreso y Reacción en el siglo XX, Artabria / Concello da Coruña, 2005.
“A literatura de viaxes nos contextos de emerxencia literaria: o caso galego”, Estudos Galego-Brasileiros. II, Universidade da Coruña, 2006.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                Volver