Normas de publicación

Cuestións xerais

1. A Revista Galega de Filoloxía conságrase á publicación de traballos de investigación que desenvolveren algún aspecto lingüístico ou filolóxico do ámbito galego-portugués, como tamén á promoción e ao coñecemento da lingua no seo da sociedade. Do mesmo xeito, recensións de obras que trataren algún tema relacionado coa lingüística en xeral, ou coa galega e portuguesa en particular, serán obxecto de consideración para seren publicadas.

2. Todos os traballos presentados á RGF deberán ser orixinais e inéditos.

3. O autor ou a autora ten de entregar dúas copias electrónicas, unha asinada e outra anónima. A partir desta, solicitarase un informe avaliador a un comité externo de expertos, cuxo ditame será decisivo para o traballo ser incluído na RGF. En calquera caso, as súas observacións, se for preciso, serán trasladadas ao autor ou á autora para a súa consideración. Non se volverán os orixinais.

Caso de o traballo precisar correccións, á vista dos informes do comité externo, os autores e as autoras disporán de un mes natural para devolveren o orixinal corrixido.

4. Para o proceso de edición dos contributos, a Redacción da RGF enviará aos autores unha copia, coa finalidade de efectuaren as correccións tipográficas, ortográficas e de estilo que estimaren oportunas, sempre que non supuxeren alteracións importantes do texto, que deberán devolver no prazo máximo de 15 días naturais. Se, unha vez finalizado ese período, os autores non notificaren ningunha mudanza, entenderase que concordan coa edición.

5. A lingua preferencial de publicación é o galego ou portugués, aínda que en casos especiais se admita a publicación en calquera outro idioma.

6. As propostas de traballos serán enviadas ao seguinte enderezo: e.mosquera@udc.es (Estefanía Mosquera Castro).

7. Para acceder ao texto íntegro das normas que segue a RGF para a redacción, a organización e o sistema de citación prema aquí