Presentación


ILLA ("Investigación Lingüística e Literaria Galega") é un grupo de investigación, inscrito como tal no catálogo oficial da Universidade da Coruña, xerado no seo da área de Filoloxías Galega e Portuguesa.

ILLA nace en 2006 como consecuencia da fusión dos grupos "Pesquisa Lingüística Galega" (PLG) e "Grupo Universitario de Investigación de Lingüística Histórica e de Ecdótica" (GUILHADE) e mais de investigadores e investigadoras individuais.

As diferentes liñas de investigación de ILLA conflúen en cinco eixos fundamentais: Estudos Medievais, Estudos Teatrais, Estudos Literarios Contemporáneos, Gramática e Lingua de Calidade e mais Estudos Portugueses.

Resultados da avaliación externa de ILLA

Após o proceso de avaliación externa de todos os grupos da UDC, promovido pola Vicerreitoría de Investigación e Transferencia e realizado pola ANEP (Ministerio de Economía y Competividad), o grupo ILLA foi considerado grupo A ("Excelente, calidade comparábel a nivel internacional na área científica de referencia"), cunha puntuación de 45 puntos sobre un total de 50 puntos

Grupo Illa