Actividades
-
Encontro investigador 'Elas no prelo: mulleres no mundo da edición na Galiza'
29 de xuño de 2022Carme Fernández Pérez-Sanjulián, membro de ILLA, coordina este encontro no marco do proxecto 'A edición literaria na Galiza (1975-2000)'.
-
'Cultura galega e arte urbana. Unha aproximación aos murais e graffiti na provincia da Coruña (2015-2021)'
16 de xuño de 2022Rebeca Castiñeiras participará no ciclo Aula Aberta organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co Grupo ILLA.
-
Arredor de Ruth M. Anderson: Kathleen March en conversa con Pilar García Negro
8 de xuño de 2022, 19:30 hILLA colabora na organización desta actividade.
-
Coloquio 'Corpos, afectos e sexualidades non normativas na escena galega'
10 de maio de 2022O coloquio está organizado polo Observatorio do Teatro Galego (OTG), promovido polo grupo ILLA en colaboración coa Academia Galega de Teatro.
-
Encontro investigador 'Teatro galego e resistencia cultural (1936-1973)'
29 de abril de 2022O evento celébrase no ámbito do proxecto de investigación 'Recuperación do patrimonio teatral da Galiza 4'.
-
'Tres Rosalías', palestra de Pepe Barro
20 de abril de 2022O deseñador e estudoso do deseño analizará tres retratos de Rosalía de Castro
-
‘No centenario do Cadro de Declamación da Universidade’
19 de abril 2022Mesa redonda con Laura Tato e Aurora Marco
-
Seminario de investigación "Novos ollares nos estudos literarios"
7 e 8 de abril de 2022Organizado polo Programa Interuniversitario de Doutoramento en Estudos Literarios, o grupo ILLA e a Facultade de Filoloxía.
-
ILLA organiza 'Narrativas da memoria'
29 de marzo de 2022, 13 hO acto contará coa participación de Susana Sanches Arins e Francisco X. Fernández Naval, en conversa con Diego Rivadulla.
-
A recuperación da memoria histórica na literatura galega do século XXI
24 de marzo de 2022Diego Rivadulla participará no ciclo Aula Aberta organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co Grupo ILLA.