Actualidade


ILLA anuncia o Coloquio Internacional 'Editar cantigas (de amigo) no século XXI'
21 e 22 de outubro de 2021
Facultade de Filoloxía (UDC)

Esta reunión científica está vinculada a Universo Cantigas.


O coloquio, organizado polas profesoras Leticia Eirín, membro de ILLA, e Mariña Arbor, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), contará coa participación de destacados e destacadas ponentes, especialistas na edición da lírica profana galego-portuguesa.

O encontro contempla unha sección para que as persoas que están a iniciar o seu percurso investigador nesta ámbito filolóxico poidan presentar o resultado do seu traballo e ter a oportunidade de o debater con personalidades de referencia mundial nos estudos medievais.

Con esta publicación ábrese o prazo para participar como comunicante no Coloquio Internacional “Editar cantigas (de amigo) no século XXI”. As propostas de comunicación deben ser enviadas antes do 15 de xuño de 2021 ao correo electrónico universo.cantigas@udc.gal e, tamén, a leticia.eirin@udc.gal.O Comité organizador, co apoio dunha comisión de expertos/as, avaliará anonimamente as propostas recibidas e informará do resultado por correo electrónico antes do día 1 de xullo de 2021.

A proposta incluirá o nome e a filiación da persoa propoñente e un resumo que non excederá as 150 palabras. Poderá ser tratado calquera tema en relación coa poesía medieval galego-portuguesa. A presentación oral das propostas aceptadas non excederá dos 20 minutos. Para enviar unha proposta é requisito imprescindíbel ser doutorando/a. 

Cando for comunicada a aceptación, poderá ser feito o pagamento da inscrición (40 €) polos medios que serán indicados nese momento.