Actualidade


Xosé Manuel Sánchez Rei publica "O portugués esquecido"
Agosto de 2021

O profesor coruñés, membro de ILLA, asina un estudo sobre as variedades setentrionais do portugués, incidindo na súa relación co galego.


O novo libro do profesor Sánchez Rei leva por título O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais. Neste volume, o autor explica pormenorizadamente como, durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a características diferenciadoras do galego a respecto do padrón lusitano. Os gramáticos, lexicógrafos e tratadistas da metrópole lisboeta combatéronas enerxicamente xa desde os inicios da tradición gramatical portuguesa no século XVI. Mais a maioría delas, por motivos culturais, históricos, sociolóxicos etc. conseguiu sobrevivir até aos anos finais do século XIX ou primordios da seguinte centuria e, nalgúns casos, inclusive se mantiveron na nosa época. Así, o libro aprofunda neses elementos lingüísticos considerados hoxe marcadamente galegos e, até non hai moito tempo, tamén idiosincráticos da lingua oral dialectal do Minho e de Trás-os-Montes.

Para máis información sobre a publicación, pode ser consultada a páxina web da editora.