Actualidade


ILLA no Coloquio Internacional da Asociación Hispánica de Literatura Medieval
2 a 4 de setembro de 2021
Córdoba

Dous membros de ILLA, o profesor Manuel Ferreiro e a profesora Leticia Eirín, participaron nesta reunión científica.


O Coloquio Internacional da Asociación Hispánica de Literatura Medieval 2021 transcorreu na cidade andaluza de Córdoba, baixo o título "Pervivencia y literatura: documentos periféricos al texto literario". Na sesión do 3 de setembro, a profesora Leticia Eirín presentou a comunicación "Ca ja todas saben que sodes meu. A «posesión» do amigo na poesia profana galego-portuguesa"; na mesma sesión, o profesor Manuel Ferreiro ofreceu unha intervención titulada "Achegamento aos refráns das cantigas galego-portuguesas: variatio vs. repetitio".

Máis información sobre o Coloquio: https://www.uco.es/congresos/ahlmcordoba2020/