Actualidade


Defendida unha tese de doutoramento codirixida por Carlos Paulo Martínez Pereiro na UNL
Universidade Nova de Lisboa

O traballo de Sara Lacerda Campino, titulado Exercícios de olhar: Leituras das poéticas experimentais portuguesas da segunda metade do século XX, alcanzou a máxima cualificación.


A tese defendida por Sara Lacerda Campino foi aprobada coa máxima cualificación posíbel (Muito Bom) nas probas de doutoramento en Estudos Portugueses (Especialidade de Estudos de Literatura), coorientada por Carlos Paulo Martínez Pereiro, membro de ILLA, xuntamente con Abel Barros Baptista e Golgona Anghel. 
A comisión xulgadora estivo formada, alén de polo profesor Pereiro como orientador, polos doutores Manuel Portela (Universidade de Coimbra), Joana Matos Frias (Universidade de Lisboa), Carlos Mendes de Sousa (Universidade do Minho), Clara Rowland, Paula Cristina Costa e Pedro Sepulveda da Universidade Nova de Lisboa.
O documento completo pode ser consultado no repositorio da UNL.
Imaxe: Ana Hatherly, fragmento de Descolagens da Cidade / As ruas de Lisboa (1977)