Actualidade


Defendida unha tese de doutoramento dirixida por Alva Martínez Teixeiro na UL
Universidade de Lisboa

A investigación de Consuelo Peruzzo, A identidade do imigrante judeu nos romances de Moacyr Scliar, obtivo a máxima cualificación.


A tese orientada pola profesora Teixeiro, colaboradora do grupo ILLA, foi "Aprovada com Distinção e Louvor", por unanimidade, nas probas de doutoramento en Estudos Portugueses e Românicos (Especialidade de Estudos Brasileiros). A comisión xulgadora estivo formada, alén de Alva Martínez Teixeiro como orientadora, por Eunice Moreira (Pontifícia Universidade Católica do Rio Grande do Sul), Tânia Sarmento-Pantoja (Universidade Federal do Pará), José Topa (Universidade de Porto) e Cristina Pimentel, Simone Frangella e Fátima de Freitas Morna da Universidade de Lisboa.
 
A tese de Consuelo Peruzzo realiza unha análise crítica dun conxunto de obras de temática xudaica do escritor brasileiro Moacyr Scliar (1937-2011), centrándose principalmente nas construcións e deconstrucións identitarias do proceso inmigratorio, naqueles dez romances que retratan o desconforto das personaxes diante de situacións que feren a dignidade humana. As experiencias da autocrítica xudaica, da automutilación e da sabotaxe dos propios protagonistas son manifestacións de humor e, simultaneamente, proceso de diminución da dor que viven constantemente: un humor crítico e ácido, usado coa intención de agredir as dúas sociedades, a de orixe e a de chegada.