Actualidade


Conferencia do profesor Freixeiro Mato na Universidade de Deusto
14 de abril de 2021
Universidade de Deusto, Bilbao (on line)

O profesor ofrecerá unha comunicación sobre a situación sociolingüística do galego na actualidade.


A Universidade de Deusto retoma o programa de actividades organizadas pola Cátedra de Estudos Galegos, apoiado pola Xunta de Galicia, coa intervención do catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato. O profesor membro de ILLA impartirá a conferencia intitulada "Panorama sociolingüístico da Galiza actual", dirixida ao alumnado de lingua galega da universidade euscalduna.