Actualidade
Carlos Biscainho, Pilar García Negro e Laura Tato participan nos actos organizados polo Consello da Cultura Galega e a Real Academia Galega en honra de Ricardo Carvalho Calero.
O día 14 de outubro o Consello da Cultura Galega celebrou no teatro Jofre de Ferrol un acto en que estreou a peza “Ferrol, 1916”, unha composición do alacantino Miguel Brotóns a partir dun poema do autor ferrolán. Este evento serviu de presentación da publicación “Farsa das zocas”, coa cal a institución recuperou a obra teatral de Carvalho Calero, acompañada dun estudo introdutorio de Carlos Biscainho.
Pola súa parte, a Real Academia Galega celebra neste mes de outubro un simposio dedicado a Carvalho Calero. Na sesión do día 15, centrada nos estudos literarios, Pilar García Negro intervirá cunha ponencia titulada 'Os estudos de Ricardo Carvalho Calero sobre Rosalía de Castro: unha achega maxistral'. Na sesión sobre a creación literaria, o día 22, Laura Tato disertará sobre 'Carvalho Calero, dramaturgo'.
Máis información:
http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=7138&tipo=noticia
https://academia.gal/axenda/-/journal_content/56_INSTANCE_3u4Z/10157/12122?eventId=1401621
https://academia.gal/axenda/-/journal_content/56_INSTANCE_3u4Z/10157/12122?eventId=1401627