Actualidade
ILLA organiza o Encontro investigador poesia galega atual
17 de xuño de 2021
Salón de graos da Facultade de Filoloxía
O encontro, coordinado por Isaac Lourido, reunirá persoas expertas na materia que desenvolven as súas pesquisas en universidades galegas e internacionais.
As persoas interesadas en asistiren ao encontro poderán inscribirse mediante unha mensaxe a isaac.lourido@udc.gal. O evento, pensado como un espazo de diálogo, desenvolverase de acordo co seguinte programa:
11:00 h: benvida e presentación por parte de Teresa López, coordinadora do grupo ILLA, e Isaac Lourido, membro de ILLA e coordinador do evento.
11:30 h: mesa 1
- Arturo Casas (Universidade de Santiago de Compostela)
- Manuela Palacios (Universidade de Santiago de Compostela)
12:45 h: pausa
13:00 h: mesa 2
- Iria Sobrino (Universidade da Coruña)
- Ramom Pinheiro Almuinha (aCentral Folque)
14:15 h: pausa
16:30 h: mesa 3
- Helena González (Universitat de Barcelona)
- María Xesús Nogueira (Universidade de Santiago de Compostela)
- Martín Veiga (University College Cork)
18:00 h: encerramento
O encontro terá lugar de acordo cos protocolos vixentes por causa da situación sanitaria.