Actualidade
O día 23 de febreiro, data de nacemento da escritora, celebramos o Día de Rosalía.
O 23 de febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, figura fundacional da literatura galega e unha das voces máis relevantes do panorama literario europeo do século XIX.
As investigadoras e os investigadores de ILLA dedicaron parte dos seus traballos a desvendar diferentes aspectos da traxectoria vital e da obra literaria da autora, para facilitar a súa cabal comprensión e pór de manifesto a relevancia do seu legado.
Especial destaque merecen as achegas de Pilar García Negro, profesora honoraria da UDC e recoñecida rosalianista:
García Negro, Pilar (ed.), No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, 282 pp. [ISBN 978-84-89323-97-1].
García Negro, Pilar, "Escolma e comentario dos textos escollidos de Follas Novas", en Mª Pilar García Negro (ed.): No tempo de "Follas Novas". Unha viaxe pola literatura universal, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora, 2015, pp. 17-80 [ISBN 978-84-89323-97-1].
García Negro, Pilar, ""Estranxeira na súa patria" de Rosalía de Castro: a identidade negada na propria terra ", Madrygal, 18, UCM, 2015, pp. 349-357 [ISSN 1138-9664] [DOI http://dx.doi.org/10.5209/rev_MADR.2015.v18.48559].
Pola súa parte, a profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián dedicou a Rosalía diferentes traballos, entre eles:
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (ed.), Mª Pilar García Negro: Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos, A Coruña, Servizo de Publicacións da UDC, 2023, 228 pp. [ISBN 978-84-9749-873-9].
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme / García Negro, Pilar, "“Las literatas” de Rosalía de Castro: la construcción ficcional como escritora o el autorretrato como representación de la posición autorial ", en Milagro Martín Clavijo (ed.): Escrituras autobiográficas y canon literario, Sevilla, Benilde Ediciones, 2017, pp. 147-171 [ISBN 978-84-16390-53-3].
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "A construção contra a norma: aproximação às personagens femininas na obra de Rosalia de Castro", Diacrítica. Série Ciências da Literatura, 30/3, Braga (Portugal), Universidade do Minho, 2016, pp. 25-41 [ISSN 0870-8967].
Fernández Pérez-Sanjulián, Carme, "Sobre a recepción e fortuna crítica do chamado "Conto Gallego" de Rosalía de Castro", Follas Novas. Revista de estudos rosalianos , 1, Padrón, Fundación Rosalía de Castro, 2016, pp. 15-3
Tamén o profesor Manuel Ferreiro se achegou á figura de Rosalía en:
Ferreiro, Manuel, "Amizade, relación epistolar e redes socioliterarias: Rosalía, Pondal (e Murguía)", Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos, 2, Padrón, 2017, pp. 26-43 [ISSN 2530-3813].
Outros membros de ILLA que estudaron a autora compostelá foron os profesores Xosé Ramón Freixeiro Mato: "Os diminutivos na poesía en galego de Rosalía de Castro", en M. Casado, A. Freire, J. E. López e J.I. Pérez (eds.): Scripta Philologica in memoriam Manuel Taboada Cid, 2, A Coruña, Universidade da Coruña, 1996 ou Carlos Paulo Martínez Pereiro: "Rosalía e o início dunha desmitificación 1880/1980", Man Comun, 1980, pp. 40-41, e as profesoras Teresa López e Iria Sobrino que estudaron:
López, Teresa, "Arredor de Rosalía: notas sobre as escritoras nas orixes do Rexurdimento", Follas Novas, 4, Fundación Rosalía de Castro, 2019, pp. 52-79
Sobrino Freire, Iria, "Os prólogos a Cantares Gallegos e Follas Novas, manifestos por unha cultura da resistencia", en Anxo Angueira (coord.): Rosalía 21, Vigo e Santiago de Compostela, Xerais e Xunta de Galicia, 2009, pp. 37-42 [ISBN 978-84-9782-880-2].