Actualidade


O profesor Sánchez Rei imparte un curso de gramática na Universidade de Vigo
21 de febreiro de 2025

O curso foi organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)


O profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, membro do Grupo ILLA, foi convidado pola Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI) para leccionar o Curso de gramática para profesionais da tradución. O evento, que tivo lugar na pasada sexta feira 21 de febreiro en horario de mañá e de tarde, desenvolveuse na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.