Actualidade


Palestra sobre Martín de Padrozelos
11 de marzo de 2025
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía

Dulce Fernández Graña achegaranos á aplicación didáctica das cantigas do trobador


A vindeira terza feira, 11 de marzo, Dulce Fernández Graña impartirá a palestra “As cantigas de Martin de Padrozelos e a súa aplicación didáctica”, en que fará un achegamento ás posibilidades didácticas das cantigas deste trobador de finais do século XI.


Dulce Fernández Graña é doutora en Filoloxía Galega pola Universidade da Coruña. Actualmente é docente de Lingua e Literatura Galegas no Instituto Eusebio da Guarda. Desde 2018 participa en actividades divulgativas sobre a figura de Martín de Padrozelos. Resultado do seu traballo é a exposición sobre as cantigas de amigo e amor do trobador, promovida pola Asociación de Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística que se poderá visitar no primeiro andar da Facultade de Filoloxía entre os días 3 e 21 de  marzo.