Actualidade
Daniel Amarelo abordará, neste seminario, a relación entre lingua e sociedade na Galiza actual.
Este seminario aborda as relacións entre lingua, xénero e sexualidade na Galiza contemporánea do punto de vista da sociolingüística crítica e con base en traballo de campo etnográfico. En primeiro lugar, serán fornecidas algunhas orientacións teóricas sobre a chamada Lingüística Queer (LQ), con atención á súa aplicabilidade en contextos de linguas minorizadas. En segundo lugar, aproximarémonos a aspectos metodolóxicos do labor sociolingüístico de carácter cualitativo e aplicado, onde o corpo e os afectos ligan ás persoas investigadas e investigadoras, apagando e reformulando fronteiras epistémicas. Finalmente, veremos datos de campo e discutiremos como o paradigma das teorías queer non só é útil senón tamén necesario para comprender o funcionamento das ideoloxías lingüísticas no contexto galego actual, onde novas formas de investigar están a ser ensaiadas.