Actualidade
'Emigración, integración e cultura. 250 anos de presenza galega en Bos Aires' será o asunto da súa intervención.
Por convite do grupo ILLA, o historiador abordará as diferentes dimensións da presenza galega na capital arxentina.
Ruy Farías é doutor en Historia pola Universidade de Santiago. Traballa como Investigador e docente no CONICET (Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas) e a Universidad Nacional General Sarmiento (UNGS).
É especialista na inmigración e no exilio galego na Arxentina e na represión franquista na Galiza durante e despois da Guerra Civil. No marco do CONICET, investiga sobre as migracións españolas á Arxentina no período da segunda posguerra.
No seu currículo académico destacan os libros Novos olhares sobre a imigração ibérica em América Latina (ss. XIX-XX) (2013), coorganizado con Érica Sarmiento, e Bos Aires galega (2010).
Na actualidade, Ruy Farías fai parte do equipo de traballo do proxecto de investigación 'Recuperación do patrimonio teatral da Galiza 4. Emigración, exilio e resistencia interior', financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e desenvolvido no ámbito de ILLA.