Actualidade
O grupo organiza este evento como homenaxe a Francisco Pillado Mayor, referencia dos estudos teatrais galegos e figura clave na cultura da Galiza nas últimas décadas.
Os próximos días 9, 10 e 11 de novembro, ás 13h, terán lugar no Salón de Graos da Facultade as xornadas 'Francisco Pillado na memoria', organizadas polo Grupo ILLA.
Esta celebración pretende servir de homenaxe e agradecemento á figura de Pillado, que desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade en defensa da cultura galega. Foi crítico e divulgador dramático en diversos medios de comunicación, realizou un inmenso traballo de tradución de textos teatrais, fundou a editora de referencia en Galiza Laiovento, foi estudoso e historiador do teatro galego, contribuíu para a organización e creación de redes e grupos culturais... Dedicou a súa vida á dignificación non só do noso teatro, mais da nosa cultura.
As conferencias xirarán arredor dos tres eixos fundamentais do seu labor cultural: o teatro, o activismo e a edición.
Programa
Día 9. Francisco Pillado, no teatro
- Interveñen: Manuel Lourenzo, Laura Tato e Imma António
- Modera: Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
- Interveñen: Pilar García Negro, Xosé Luna Sanmartín e Xosé M. Álvarez Cáccamo
- Modera: Cilha Lourenço Módia
- Interveñen: Mercedes Queixas Zas, Isaac Ferreira e Xesús Couceiro
- Modera: Carme Fernández Pérez-Sanjulián
En paralelo ás xornadas haberá unha exposición na biblioteca do centro con algunhas mostras do legado de Francisco Pillado, doado á Universidade e organizado nos fondos da Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor'.