Actualidade
II Xornadas de actualización en lingua galega e literatura no ensino
15 de outubro de 2024
Sala 2.7 (Facultade de Filoloxía)
As xornadas, organizadas por ILLA, están coordinadas pola profª Cilha Lourenço Módia e polo prof. Xoán López Viñas.
Estas xornadas, organizadas polo Grupo ILLA e dirixidas nomeadamente ao profesorado de secundaria e ao alumnado dos últimos cursos de grao, xiran á volta da concepción e desenvolvemento das situacións de aprendizaxe nas aulas de lingua e literatura, xunto coa implementación da motivación con base na intelixencia artificial e nas pautas do deseño universal de aprendizaxe.
O encontro decorrerá nunha sesión de tarde, de acordo co seguinte programa:
- 16.00h – Marisa Moreda: DUA e IA, claves para a motivación
- 17.15h – Sofía Rama: Secuencias didácticas para traballarmos a lingua galega na aula
- 18.30h – Pausa
- 18.45h – Eli Ríos: A literatura galega. O caixón de xastre das secuencias didácticas de aula.