Actualidade
"As nenas que non contaron: memoria e narrativa sobre experiencias de desprazamentos forzados de Galicia á Arxentina" é o título da intervención.
No ámbito da colaboración que ILLA desenvolve coa AC Alexandre Bóveda, a palestra da Dra. Mariela Sánchez ocuparase da memoria das nenas que marcharon de Galiza cara ao outro lado do Atlántico.
Desde escritas do eu de carácter testemuñal até a ficcionalización de situacións verosímis, a narrativa mostra unha vía na que emerxen espazos para a elaboración de instancias traumáticas, estrañamento e imposibilidade de pertenenza e recoñecemento que converxen en elaboracións literarias sobre avatares atravesados, en distintos momentos do século XX, polas infancias, e particularmente as nenas que cruzaron o Atlántico procedentes de Galicia.