Actualidade


ILLA organiza o 'II Encontro investigador sobre poesia galega atual'
7 de xullo de 2022
Sala de graos da Facultade de Filoloxía (UDC)

O encontro, coordinado polo membro de ILLA Isaac Lourido, reunirá persoas expertas na materia que desenvolven as súas pesquisas en universidades galegas e internacionais.


A xornada decorrerá de acordo co seguinte programa:

  • 11:00. Benvida e presentación

Teresa López (Coordinadora do Grupo ILLA, UDC)

Isaac Lourido (Grupo ILLA, UDC)

  • 11:15. Mesa 1: Presentación de proxectos de investigación 

Burghard Baltrusch (Universidade de Vigo): POEPOLIT: Poesia atual e política.

Margalida Pons (Universitat de les Illes Balears): Projetos do grupo LiCETC: O afetivo como vetor de análise na poesía catalá atual

  • 12:30. Pausa
  • 12:45. Mesa 2: Métodos e ferramentas

Arturo Casas (USC): Metodoloxías para o estudo da poesía galega

Lucia Cernadas (University of Oxford) e Roberto Samartim (UDC): Presentación do Proxecto Livro Galego e aplicações à poesia galega recente

O encontro será retransmitido a través de Teams. As persoas interesadas en asistiren on line poderán inscribirse mediante unha mensaxe a isaac.lourido@udc.gal.