Actualidade


Palestra de Elisa Serra Porteiro sobre o teatro irlandés na escena galega
10 de outubro de 2022, 13:00 h
Salón de graos, Facultade de Filoloxía (UDC)

ILLA organiza esta actividade que contará coa presenza da profesora do University College Cork.


A palestra analizará algunhas das claves da relación histórica de Galiza con Irlanda, conectándoas coas incorporacións de obras dramáticas irlandesas ao sistema teatral galego, e abordará casos concretos de dous dramaturgos representativos, J.M. Synge e Martin McDonagh. A partir destes exemplos, serán examinadas as referencias á orixe das pezas e o branding, que reflicten unha conceptualización de Irlanda específica no contexto galego. 
 
Elisa Serra Porteiro é profesora no departamento de Estudos Hispánicos e Portugueses do University College Cork, onde obtivo o seu doutoramento cunha historia cultural do teatro irlandés en Galiza. A súa investigación está centrada na intersección entre a tradución teatral e a práctica escénica, e deu lugar á publicación de artigos académicos sobre Yeats, O'Casey, Synge e McDonagh e ao volume Performing Irishness: Irish drama on the Galician Stage (Peter Lang, 2021).