Actualidade


Presentación da 'Antoloxía de Teatro Galego Contemporáneo / Antologia de Teatro Galego Contemporâneo'
26 de outubro, 12:30 h
Facultade de Filoloxía (UDC), Sala de graos

ILLA organiza a presentación desta obra, que ten como obxecto difundir a literatura dramática galega en Portugal.


A antoloxía está composta por dous volumes, un en galego e outro en portugués. Inclúe obras de Xohana Torres, Euloxio R. Ruibal, Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo, Luísa Villalta, Raúl Dans, Gustavo Pernas, Candido Pazó, Marcos Abalde, Esther F. Carrodeguas, Vanesa Sotelo e AveLina Pérez. A escolma foi realizada por Inma López Silva, Dolores Vilavedra e Ánxeles Cuña e as versións ao portugués foron feitas por Sofia Lobo e Zé Paredes.

A edición é responsabilidade de Cena Lusófona e contou co apoio, entre outras institucións, da Deputación da Coruña.

No acto participarán María Muiño, deputada provincial, António Augusto Barros, en representación de Cena Lusófona, Inma López Silva, consultora da obra, e AveLina Pérez, dramaturga.