Actualidade


Palestra de Pablo Pesado
15 de novembro de 2022, 13:00 h
Sala de graos da Facultade de Filoloxía (UDC)

'A família (política) de Merlin: fantasia e conflito nacional na narrativa galega do século XX' será o asunto da súa intervención.


ILLA organiza a palestra que Pablo Pesado, docente no ensino secundario e membro do Espaço Clara Corbelhe, impartirá o próximo martes na Facultade de Filoloxía.

Pablo Pesado é doutor en Estudos da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese, orientada polo prof. Arturo Casas, ten como título Realismo máxico, conflito nacional e metaficción historiográfica de referencia galega (1972-1987). Modelos discursivo-ideolóxicos na narrativa de Gonzalo Torrente Ballester, Vitor F. Freixanes e Xosé Luís Méndez Ferrín.