Actualidade


A Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Mayor publica 'Soño dunha noite de verán', de William Shakespeare
Decembro de 2021

A tradución da obra, realizada por Miguel Pérez Romero, é o número 73 da colección e inaugura a súa nova andaina.


A Biblioteca-Arquivo 'Francisco Pillado Mayor' lanza unha nova tradución de Soño dunha noite de verán, de William Shakespeare, unha das obras do teatro universal máis veces representada na escena galega. Esta edición, contextualizada, anotada e acompañada do orixinal inglés, ofrece un texto traballado e actualizado.

A colección da Biblioteca-Arquivo, que publica desde 1999 documentos, textos teóricos, pezas teatrais e traballos académicos especializados sobre títulos dramáticos, inicia coa publicación desta obra, que forma parte da Serie Branca (literatura teatral noutras linguas), unha nova xeira.