Actualidade


Ciclo de conferencias 'Literatura e outras artes'
Outubro 2019
Salón de graos da Facultade de Filoloxía

Este ciclo de tres conferencias propón unha aproximación ás relacións interartes a través das visións de Alberto Pombo, Eloy Enciso e Micaela Rei.


Os días 16, 22 e 30 de outubro a Facultade de Filoloxía acollerá tres conferencias que pretenden achegar ao alumnado e ao persoal investigador interesado unha nova perspectiva sobre a literatura galega, a través da súa relación coa música, o cinema e as artes plásticas.

O programa previsto é o seguinte:

16 de outubro ás 13 horas, Alberto Pombo Añón: "Verso e acorde. As relacións entre a literatura galega e a música"

22 de outubro ás 13 horas, Eloy Enciso: "Cinema e literatura"

30 de outubro ás 13 horas, MIcaela Rei Castro: "Arte e literatura en Seoane"

A actividade está organizada por Teresa López, membro de ILLA, e conta co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía.