Actualidade


Participación de Carlos Biscainho-Fernandes na Xornada "Intérpretes galegas na emigración e no exilio"
15 de marzo de 2024
Teatro Principal (Santiago de Compostela)

O investigador de ILLA intervirá na mesa Creadoras escénicas galegas na diáspora, cunha comunicación intitulada "Ser actriz na comunidade galega de Buenos Aires nas décadas centrais do século XX".


O evento, organizado pola Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega, terá lugar o 15 de marzo de 2024 no Teatro Principal de Santiago de Compostela e estará integrado por dúas mesas de conversa, dedicadas respectivamente a "Manuela Rei, da actriz á personaxe" e "Creadoras escénicas galegas da diáspora".

Carlos Biscainho-Fernandes intervirá na mesa Creadoras escénicas galegas na diáspora cunha comunicación intitulada "Ser actriz na comunidade galega de Buenos Aires nas décadas centrais do século XX".