Actualidade


I Encontro de Investigación Teatral
14 de xuño de 2019
Facultade de Filoloxía

O grupo ILLA organiza o I Encontro de investigación teatral, que reunirá na Universidade da Coruña investigadores e investigadoras de referencia sobre o teatro galego para presentar as súas liñas de investigación actual e definir liñas de traballo para o futuro.


Este primeiro encontro contará coa participación de Iolanda Ogando (Universidade de Extremadura), Anxo Abuín (Universidade de Santiago de Compostela), Manuel F. Vieites (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), Vanesa Sotelo (Revista Galega de Teatro), Marta Pérez (Inversa Teatro – Mulleres Creando) e Joel R. Gômez (Grupo GALABRA).

No marco da reunión será presentada a nova etapa editorial da colección Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor e terá lugar unha visita ás coleccións bibliográficas, hemerográficas e documentais que garda a Biblioteca-Arquivo.