Actualidade


ILLA obtén unha axuda do programa de consolidación da Xunta de Galicia
Outubro 2020

O Diario Oficial de Galicia do día 6 de outubro publica a resolución conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, das axudas de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas no Sistema Universitario Galego e noutras entidades do sistema galego de I+D+i.


A citada resolución recoñece o grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) da Universidade da Coruña como grupo de potencial crecemento e concédelle unha axuda económica por un importe de 90.000 €, executábeis en tres anualidades, correspondentes aos anos 2020, 2021 e 2022.