Actualidade
O deseñador e estudoso do deseño analizará tres retratos de Rosalía de Castro
A súa intervención estará centrada nos retratos de Rosalía de Castro realizados por Luis Sellier, Antonio Portela e Modesto Brocos.
Pepe Barro ten unha dilatada traxectoria profesional no ámbito do deseño. O seu traballo é unha lectura da Galiza que renova os seus sinais de identidade coa incorporación das linguaxes do deseño internacional. Entre as súas obras máis relevantes figuran a identidade gráfica da Universidade da Coruña, a camiseta da selección galega de fútbol, a web da Real Academia Galega e a renovación da Casa Museo de Rosalía de Castro.
En Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (2018), analizou a importancia da imaxe na cultura galega revisando as pezas de deseño gráfico que marcaron a nosa historia.