Actualidade
A xornalista Montse Dopico entrevista para Nós Diario a Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor titular na Universidade da Coruña e membro de ILLA.
A entrevista xira arredor do seu libro O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais, recentemente publicado, no que se reivindica a oralidade das rexións do norte de Portugal como un idioma propositadamente esquecido e reprobado e que se pon inevitabelmente en relación co galego.
Na conversa trátanse ademais as causas deste esquecemento histórico, como a influencia dos procesos de construción nacional, os factores histórico-culturais ou os modernos axentes de socialización das linguas estándar, para alén do modelo normativo galego e as posíbeis fórmulas para garantir súa viabilidade no futuro.
A entrevista está dispoñíbel para as persoas subscritas ao xornal neste enlace.