Actualidade


Participación de Leticia Eirín no ciclo de webinarios 'Vidas medievales en Galicia'
22 de maio 2023
Plataforma Conecta (CSIC)

O asunto da súa intervención será 'As donas e as voces da lírica profana galego-portuguesa'.


O ciclo está organizado polo Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e ten como finalidade achegar ao público xeral diversos aspectos da vida e facetas das mulleres na historia da Galiza medieval e dos inicios da modernidade.

No webinario tratouse da omnipresenza da figura da muller nos tres xéneros canónicos da literatura profana medieval galego-portuguesa –cantiga de amor, cantiga de amigo e cantiga de escarnio e maldicer–, a pesar da inexistencia de textos de autoría femenina. Tamén se tiveron en consideración os estudos de especialistas que avogan por unha relectura das cantigas desde unha perspectiva de xénero ou, entre outros, cal é a visión da muller medieval desde a actualidade e os factores que condicionaron esa percepción.