Actualidade


ILLA organiza as xornadas 'Francisco Pillado na memoria'
9, 10 e 11 de novembro de 2021
Salón de graos da Facultade de Filoloxía

O grupo organiza este evento como homenaxe a Francisco Pillado Mayor, referencia dos estudos teatrais galegos e figura clave na cultura da Galiza nas últimas décadas.


Os próximos días 9, 10 e 11 de novembro, ás 13h, terán lugar no Salón de Graos da Facultade as xornadas 'Francisco Pillado na memoria', organizadas polo Grupo ILLA.

Esta celebración pretende servir de homenaxe e agradecemento á figura de Pillado, que desenvolveu durante toda a súa vida unha intensa actividade en defensa da cultura galega. Foi crítico e divulgador dramático en diversos medios de comunicación, realizou un inmenso traballo de tradución de textos teatrais, fundou a editora de referencia en Galiza Laiovento, foi estudoso e historiador do teatro galego, contribuíu para a organización e creación de redes e grupos culturais... Dedicou a súa vida á dignificación non só do noso teatro, mais da nosa cultura.

As conferencias xirarán arredor dos tres eixos fundamentais do seu labor cultural: o teatro, o activismo e a edición.

Programa

Día 9. Francisco Pillado, no teatro

  • Interveñen: Manuel Lourenzo, Laura Tato e Imma António
  • Modera: Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
Día 10. Francisco Pillado, cidadán
  • Interveñen: Pilar García Negro, Xosé Luna Sanmartín e Xosé M. Álvarez Cáccamo
  • Modera: Cilha Lourenço Módia
Día 11. Francisco Pillado, editor
  • Interveñen: Mercedes Queixas Zas, Isaac Ferreira e Xesús Couceiro
  • Modera: Carme Fernández Pérez-Sanjulián 

En paralelo ás xornadas haberá unha exposición na biblioteca do centro con algunhas mostras do legado de Francisco Pillado, doado á Universidade e organizado nos fondos da Biblioteca-Arquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor'.