Actualidade
O profesor Freixeiro Mato, membro de ILLA, obtén este recoñecemento co traballo "Separados por uma língua comum. Lusofilia e galeguidade na correspondência entre intelectuais da Galiza e do Norte de Portugal"
Xosé Ramón Freixeiro Mato, catedrático emérito da UDC e membro de ILLA, vén de gañar o XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais co traballo "Separados por uma língua comum. Lusofilia e galeguidade na correspondência entre intelectuais da Galiza e do Norte de Portugal".
O xurado destacou "a perspectiva interdisciplinar na que se sustenta a análise da correspondencia entre intelectuais galegos e portugueses ao longo do século XX". Así mesmo, valoraron moi positivamente “a abordaxe feita dende a glotopolítica á sociolingüistica, pasando pola análise das diferenzas interlingüística entre a lingua galega e portuguesa, a perspectiva poscolonial, ata as posibles solucións á cuestión lingüística en Galicia, o conflito simbólico e as disputas ideolóxicas”