Actualidade


ILLA organiza o encontro internacional "Sintaxe e texto(s)"
7 de outubro de 2021
Sala de graos da Facultade de Filoloxía

O evento, coordenado polo profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, contará con ponentes da Galiza e de Portugal.


O grupo ILLA organizará o próximo xoves 7 de outubro un encontro investigador dedicado á sintaxe no ámbito galego-portugués. O evento decorrerá de acordo co programa a seguir:

Sesión de mañá:

  • 10:00 h: abertura. Intervirán Félix Córdoba, decano da Facultade de Filoloxía; Teresa López, directora do Departamento de Letras e coordenadora do grupo ILLA; e Xosé Ramón Freixeiro Mato, membro da organización da xornada.
  • 10:30 h: Maria Aldina Marques (Universidade do Minho): "Sintaxe e textos. Estratégias de apagamento enunciativo". Presenta Xosé Ramón Freixeiro Mato. Coloquio: 11:15 h.
  • 11:30 h: Alexandre Rodríguez Guerra (Universidade de Vigo): "A escrita galega medieval e os seus esquemas sintácticos". Presenta Manuel Ferreiro. Coloquio: 12:15 h.
  • Pausa café
  • 13:00 h: Rosario Soto Arias: "Fraseoloxía e sintaxe". Presenta Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes. Coloquio: 13:45 h.

Sesión de tarde:

  • 16:30 h: Natália Pires (Escola Superior de Educação Politécnico de Coimbra): "À entrada do mês de maio, à saída da Primavera: notas para o estudo da sintaxe do romanceiro da tradição oral moderna portuguesa". Presenta Xosé Manuel Sánchez Rei. Coloquio: 17:15 h.
  • 17:30 h: Xosé Ramón Freixeiro Mato: "Algunhas notas sobre sintaxe, texto e estilo". Presenta Manuel Ferreiro. Coloquio: 18:15 h.
  • 18:30 h: encerramento da xornada, por parte de Xosé Manuel Sánchez Rei.
  • 18:45 h: actuación musical a cargo de Susana Seivane.

As sesións están pensadas para seren desenvolvidas gardando a distancia interpersoal indicada polas autoridades sanitarias e dentro das expectábeis medidas de hixiene. Está igualmente prevista a retransmisión do evento a través da plataforma Teams. As persoas interesadas en asistiren telematicamente deben enviar unha mensaxe a x.m.sanchez.rei@udc.gal.