Actualidade
Coa coordinación de Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xosé Manuel Sánchez Rei, esta xornada de debate académico conta coa participación de destacados especialistas no neofalantismo.
O encontro terá lugar no Salón de graos da Facultade de Filoloxía, e está organizado segundo o programa que colocamos a seguir.
Acto inaugural
11 horas
María Jesús Lorenzo Modia (Decana da Facultade de Filoloxía da UDC)
Teresa López (Directora do Departamento de Letras da UDC e coordenadora do Grupo ILLA) Xosé Ramón Freixeiro Mato (Representante da organización)
Primeira sesión
11:30 horas
Fernando Ramallo (UVIGO)
“Que entendemos (e que non) por neofalante?”
Presenta: Xosé Ramón Freixeiro Mato
Coloquio, 12:15 horas
Segunda sesión
12:30 horas
Xosé Luís Regueira (USC)
"Neofalantes: a emerxencia de novas identidades e a cuestión da autenticidade"
Presenta: Xosé Manuel Sánchez Rei
Coloquio, 13:15 horas
Xantar
Terceira sesión
16:00 horas
Xosé Manuel Sánchez Rei (UDC)
“Sintaxe, léxico e calidade da lingua nas persoas neofalantes”
Presenta: María Fernández Zas
Coloquio, 16:45 horas
Cuarta sesión
17:00 horas
Vítor Vaqueiro: “Identidade, universalidade, neofalantismo”
Presenta: Xosé Ramón Freixeiro Mato
Coloquio, 17:45 horas
Quinta sesión
18:00 horas
Deirdre Barry Murphy (EOI da Coruña)
“De Cork a Malpica: o neofalantismo en galego desde o inglés”
Presenta: Xosé Manuel Sánchez Rei
Coloquio, 18:45 horas
Encerramento
19:00 horas
Xosé M. Sánchez Rei
María Fernández Zas
O comité científico do encontro está formado por Aurélia Merlan (Univ. Munique), Carlos Garrido (Univ. Vigo), Elisa Fernández Rei (Univ. Santiago de Compostela), Isabel Margarida Duarte (Univ. Porto), Manuel Ferreiro (Univ. da Coruña), Maria Aldina Marques (Univ. do Minho), María Jesús Lorenzo Modia (Univ. da Coruña), Maria José Carvalho (Univ. Lisboa), María Pilar García Negro (Univ. da Coruña), Neal Baxter (Univ. Vigo), Teresa López (Univ. da Coruña) e Xavier Varela (Univ. Santiago de Compostela).
Para alén da coordenación de Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xosé Manuel Sánchez Rei, membros de ILLA, a xornada conta coa colaboración de María Fernández Zas, doutoranda do grupo, na secretaría.
Todas as sesións están pensadas para se desenvolveren gardando a distancia interpersoal indicada polas autoridades (1,5 metros) e dentro das pertinentes medidas de hixiene adoptadas.