Actualidade


Carlos Biscaínho, novo Profesor Titular de Universidade
Outubro 2020

O membro de ILLA pasa a formar parte do corpo de funcionarios do Departamento de Letras.


O prof. Carlos Biscainho viña desempeñando funcións docentes na Universidade da Coruña na categoría de Profesor Contratado Doutor da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Alén de docente e investigador, é actor –formado con Arkadi Nemirovski e Jacques Nichet, entre outros– e formador de intérpretes. A súa vinculación cos palcos esténdese á crítica de espectáculos e ao seu envolvimento na Academia Galega de Teatro.

Entre os seus últimos contributos á investigación académica destaca Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas (2017), merecente do XXI Premio Ricardo Carvalho Calero de investigación lingüística e literaria.

O tribunal presidido polo prof. Carlos Paulo Martínez Pereiro valorou grandemente os méritos académicos do prof. Biscaínho e ponderou as súas achegas á historia do teatro galego, perfil da praza obxecto de concurso. 

Desde ILLA queremos enviar os nosos máis cordiais parabéns a Carlos Biscainho, que accede a través desta praza á condición de profesor funcionario na Universidade da Coruña.

Máis información sobre a traxectoria do prof. Biscainho en http://illa.udc.gal/ShowResearcherInformation.do?id=23