Actualidade


Novo libro do prof. Freixeiro Mato
Outubro 2020

O catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa na UDC e membro de ILLA publica en Laiovento Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación da lingua galega.


Esta obra reflexiona sobre a lingua galega e aborda cuestións relativas á súa normalización e planificación, ben como a outros aspectos da súa vinculación coa sociedade, sempre na perspectiva de procurar a vía adecuada para lle garantir un futuro digno como lingua nacional da Galiza. 

Máis do que un libro de sociolingüística galega, trátase duns apuntamentos sobre diversos aspectos da realidade social do idioma feitos por unha persoa que se veu dedicando durante boa parte da súa actividade como profesor universitario a estudar a lingua galega desde distintas vertentes.

Temas como o binormativismo, o sesquilingüismo ou o ecolingüismo ocupan un lugar destacado, ao lado doutros máis tradicionais como o bilingüismo, o imperialismo lingüístico ou o reintegracionismo.

+información sobre o libro: https://www.laiovento.com/CATALOGO/1048/IDIOMA-E-SOCIEDADE.html