Actualidade


Nova presentación do volume "Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor"
4 de xuño de 2025, 19.30h
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Nova presentación do volume Universo Cantigas . I. Cantigas de Amor, en que se recollen as 704 cantigas de amor galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais.


Este vindeiro mércores 4 de xuño, ás 19.30h, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36 1, A Coruña) terá lugar unha nova presentación de Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor, volume que está coordinado por Manuel Ferreiro, membro de ILLA, e que conta coa colaboración de Leticia Eirín, tamén membro do grupo, xunto con Mariña Arbor Aldea e Bieito Arias Freixedo.

 

Inscrición previa aquí