Actualidade
O profesor e membro de ILLA Carlos Caetano Biscainho interviu na mesa redonda "O teatro galego na diáspora: o caso da Arxentina (1900-2025)", organizada polo Consello da Cultura Galega e o Arquivo da Emigración Galega.
O pasado luns 2, o profesor Carlos Caetano Biscainho participou na mesa redonda dedicada ao teatro galego na Arxentina coa intervención titulada “A base de datos do teatro galego (1936-1973) en Bos Aires”.
O evento tiña como obxectivo analizar o rexurdir do monólogo teatral galego na capital arxentina entre 2023 e 2024, un éxito inesperado que superou os límites da colectividade galega. A mesa redonda reuniu especialistas do ámbito académico e teatral para reflexionar sobre a continuidade e transformación desta tradición, iniciada no século XX coa emigración e enriquecida polas novas xeracións.