Actualidade


Novas funcións en Universo Cantigas
Maio 2022
https://universocantigas.gal

Unha nova ferramenta informará das novidades do portal.


 Universo Cantigas, o portal web dedicado á edición crítica da lírica medieval galego-portuguesa, pon en marcha a sección 'Novas' para informar do aviso de publicación de novos textos, das modificacións no Glosario, da modificación significativa de contidos ou das actividades realizadas no ámbito do proxecto coordinado polo prof. Manuel Ferreiro, membro de ILLA. 

 

Esta información estará accesíbel na web mais as persoas interesadas en recibila no seu correo electrónico poden utilizar a modalidade de suscrición.