Actualidade


'erregueté. Revista Galega de Teatro. Corenta anos documentando as artes escénicas galegas', palestra de Ana Abad de Larriva
10 de abril de 2024, ás 13 h
Sala de graos da Facultade de Filoloxía

A palestra está coordinada polo prof. Isaac Lourido, membro de ILLA.


erregueté / Revista Galega de Teatro foi creada en 1983 e, na actualidade, é a única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas. Esta revista, editada pola asociación cultural sen ánimo de lucro Entre Bambalinas, combina información, creación, divulgación e estudo e publica críticas, reportaxes, crónica de festivais, recensións de libros, ensaios sobre diversos aspectos da arte dramática, a danza, o circo, a performance…

Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola ESAD de Galiza, e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Investigadora en teoría teatral, compaxina esta actividade coa creación escénica e literaria, e coa coa docencia. Na actualidade é subdirectora de erregueté / Revista Galega de Teatro.