Actualidade


Terceira edición do Encontro investigador sobre poesía galega actual
11 de xuño de 2024
Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía (UDC) / Teams

Neste ano o encontro, coordinado por Isaac Lourido, estará dedicado a proxectos en curso e novas perspectivas. 


Este ano celebrarase a terceira edición dos encontros investigadores que o prof. Isaac Lourido, membro de ILLA, organiza arredor da investigación sobre poesía galega actual. Nesta ocasión, o evento conta tamén co apoio do proxecto de investigación POEPOLIT coordinado por Burghard Baltrusch da Universidade de Vigo. 
 
O programa será o seguinte:
 
10:30. Bem-vinda e apresentação
 
10:45. Mesa 1
Lucia Cernadas (U Oxford / UDC): A poesia no campo editorial galego (2000-2019): produção e consagração
Xian Naia (U Vigo): O poético e o político no Festival da poesia no Condado. Funções, repertórios e comunidade(s)
 
11:45. Mesa 2
Antia Monteagudo Alonso (U Vigo): A poética do cotián nas literaturas galega e portuguesa contemporánea
Rodrigo Herrera Alfaya (U Barcelona / U Vigo): Imaxinación e formas de coexistencia nas poéticas galegas entre dous séculos (XX-XXI)
 
Pausa
 
13:00. Mesa 3
Noemí Garrido Aniorte (U Vigo): Xénero e resistencia contracultural durante a transición española: Blanca Andreu e Xela Arias.
Ánxela Lema París (UDC): Ecos queer: novos enfoques para o estudo da literatura galega
 
Pausa
 
16:30. Mesa de debate
 
18:00. Encerramento

As persoas que desexaren inscribirse poden escribir a isaac.lourido@udc.gal. Para as persoas que non poidan acudir á Facultade de Filoloxía, haberá a opción de seguir o encontro a través de Teams na ligazón https://shre.ink/81pv.

O evento será recoñecido como actividade formativa no programa de doutoramento en Estudos Literarios.