Actualidade


Membros de ILLA participan no congreso da Asociación de Hispanistas Italianos
19-22 de xuño de 2024
Sapienza Università di Roma (Italia)

Leticia Eirín e Diego Rivadulla participan na reunión científica trienal da Asociación de Hispanistas Italianos, que nesta edición aborda o tema “L'universo femminile fra testi e storia. Temi, scritture, linguaggi”.


A XXXII edición do Congreso AISPI, que se celebra entre os días 19 e 22 de xuño na Sapienza, Università di Roma, ten como foco principal a reflexión sobre a presenza e as diversas facetas da dimensión feminina nas linguas, literaturas e culturas ibéricas e iberoamericanas.
 
A comunicación presentada por Leticia Eirín leva por título “Ocultas entre as tebras. Notas sobre o universo feminino no trobadorismo galego-portugués” e a de Diego Rivadulla “Bravas, libres, ingobernables: mujer y memoria en el teatro gallego del siglo XXI”.