Actualidade


Membros de ILLA participan nun libro editado polo Consello da Cultura Galega e a Academia Galega de Teatro
11 de febreiro de 2022

O libro recolle os textos derivados das intervencións presentadas no I Congreso Internacional do Teatro Galego.


A publicación, titulada Deseñando horizontes. Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego, pretende contribuír á transformación social e para a posta en común da situación actual e dos problemas do teatro galego desde moi diversas ópticas.

No volume fan achegas varios membros do grupo ILLA como Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, que é ademais un dos editores, Xosé Manuel Sánchez Rei, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Carme Fernández Pérez-Sanjulián e Diego Rivadulla Costa. As temáticas que tratan van desde os usos lingüísticos no teatro galego até a revisión da obra de Otero Pedrayo ou unha achega para estabelecer as bases da investigación do teatro galego da memoria. 

Pódese acceder ao libro da páxina web do Consello da Cultura Galega.