Actualidade


Convocatoria de bolsas no Observatorio do Teatro Galego
28 de marzo - 4 de abril de 2022

A Universidade da Coruña, no ámbito do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca dúas bolsas para desenvolver tarefas no Observatorio do Teatro Galego.


A convocatoria está está dirixida a alumnado do último ano do grao en Galego e Portugués e ao estudantado do mestrado cunha titulación previa de grao en Galego ou equivalente.

As condicións, os requisitos e o baremo de contratación poden ser consultados na convocatoria oficial. O prazo de presentación de solicitudes remata o luns, día 4, ás 23.59 h.  

O Observatorio do Teatro Galego foi creado no ámbito do protocolo de colaboración entre a UDC e a Academia Galega de Teatro, impulsado polo grupo ILLA, como un espazo académico para a documentación e a investigación da actividade teatral galega, con vistas a servir de repositorio das súas testemuñas documentais.