Actualidade
O evento celébrase no ámbito do proxecto de investigación 'Recuperación do patrimonio teatral da Galiza 4'.
O proxecto "Recuperación do patrimonio teatral de Galicia 4" (PID2020-115649RB-100) coordinado por Teresa López e Carlos Vizcaíno organiza este venres o encontro de investigación "Teatro galego e resistencia cultural (1936-1973)".
A xornada desenvolverase segundo o seguinte programa:
11:30 h Emilio Grandío
'Resistir a que? Natureza e esencia da ditadura franquista (1936-1973)'
13:00 h Carme Fernández Pérez-Sanjulián
'Literatura dramática e edición durante a etapa franquista'
16:30 h Laura Tato
'A investigación teatral: metodoloxía e resultados'
18:00 h Álex Alonso
'Proceso a Castelao de López Veiga: teatro, censura e a imaxinación política'